[:gl]Cando nos chamaron do Concello de Compostela para deseñar a gráfica das Festas do Apóstolo 2019, axiña nos veu á cabeza crear un cartel que fose para todos. Que as veciñas e veciños de Santiago se sentisen representados por el, mais que a xente de fóra (que non é pouca para estas datas) tamén o entendera á primeira. De modo que optamos por amosar dun xeito sutil, case abstracto, o máis recoñecido das Festas: os fogos do Apóstolo.

Deseñamos unha gráfica que repesenta os fogos de artificio estoupando nunha noite de verán, acompañados por unha tipografía creada ad hoc que se inspira na tradición tipográfica galega, pero modernizada para a adaptar ao momento actual. Todo para facer un cartel que represente as festas e a Compostela.[:es]Cuando nos llamaron del Ayuntamiento de Santiago para diseñar la gráfica de las Festas do Apóstolo 2019, en seguida nos vino a la cabeza crear un cartel que fuera para todos. Que los santiagueses se sintieran representados por él, pero que la gente de fuera (que no es poco en esas fechas) también lo entendiera a la primera. Así que optamos por hacer representar de manera sutil, casi abstracta, lo más conocido de las Festas: los fuegos del Apóstol.

Diseñamos una gráfica que representa los fuegos artificiales estallando en el cielo de una noche de verano acompañados por una tipografía creada ad hoc que se inspira en la tradición tipográfica gallega, pero modernizada para adaptarla al momento actual. Todo para hacer un cartel que represente las fiestas y a Compostela.[:]