Ano: 2016

Cliente: Crearte Servizos Culturais

O Festival Mar de Mares é un encontro cultural, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar que, nesta terceira edición, achega unha mirada máis profunda e un compromiso aínda máis forte co mar de Galicia. Co evento, quérese celebrar o océano como fonte de riqueza natural imprescindible na Coruña, unha cidade que respira mar por todos os seus recantos.