Ano: 2017

Cliente: Mugarik Gabe

Mugarik Gabe é unha Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento (ONGD) vasca que traballa cos movementos sociais de América Latina para avanzar nun horizonte de recoñecemento de dereitos. Con este obxectivo, desenvolve accións de sensibilización e elabora publicacións que mostran as realidades que viven os pobos do Sur e as loitas que protagonizan.

En 2017 encargáronnos a maquetación do seu último informe “Transnacionais, oligarquía y criminalización da protesta social. O caso Guatemala”, dedicado ás comunidades indíxenas que enfrontan os grandes proxectos mineiros e hidroeléctricos nos seus territorios. E para nós foi un pracer participar no proxecto.